Dende o noso centro volveremos colaborar coa fundación Uno entre cien mil, que ten como obxectivo recadar fondos para investigar a leucemia infantil e chegar algún día á curación total desta enfermidade. Por iso o día 1 de marzo imos participar na actividade que nos propoñen “La vuelta al cole contra la leucemia infantil”.

O mércores 21 de febreiro, as nenas e nenos de Educación Infantil, realizaron unha saída ao Planetario e a  Casa das Ciencias. Disfrutaron moito con esta experiencia, nova para a maioría deles.

SAÍDA AO PLANETARIO E CASA DAS CIENCIAS DA CORUÑA

O  venres, 23 de febreiro,  a empresa Jardanay, vai realizar unha colaboración coa Fundación Rosalía de Castro, quen promove poñer en marcha co aniversario de Rosalía o "Caldo de Gloria", unha iniciativa inspirada no poema "Miña casiña, meu lar" na que explica como facer un  caldo humilde e no que se relata a épica diaria da supervivencia. Por tal motivo, o primeiro prato vese modificado polo Caldo de Gloria.

Para ter máis información, clica aquí.

 

CALDO DE GLORIA

O venres 16 de febreiro tivemos unha visita moi especial! Héber, Delmás e Vadillo, xogadores do Racing de Ferrol, acudiron ao noso centro para compartir connosco a pasión polo fútbol.

Responderon moi amablemente ás nosas preguntas e asinaron debuxos, camisetas, bufandas... Ademais, trouxeron un agasallo fabuloso: UNHA CAMISETA CO NOME DO NOSO COLEXIO!!! 

Foi todo un pracer contar coa vosa presenza. Un millón de gracias!

Visita dos xogadores do Racing de Ferrol

Ao longo da última semana de xaneiro, o noso alumnado participo nos talleres de enerxía da Fundación Naturgy.

Grazas a estas actividades, puideron coñecer máis acerca das enerxías renovables, o aforro e a eficiencia enerxética.

Talleres Naturgy

O xoves 1 de febreiro, o alumnado e as profes de 3º e 4º de Primaria visitamos o Acuario Finisterrae. 

Alí puidemos investigar un pouco máis acerca de animais tan interesantes como as medusas, os ourizos ou as estrelas de mar. Ademais, aprendemos unha chea sobre os diferentes tipos de peces que habitan nas nosas costas.

3º e 4º no Acuario Finisterrae

O clube Triatlón Ferrol inaugura, neste segundo trimestre, as xornadas de iniciación "Coñece ao meu clube".

O alumnado de 3º, 4º e 6º de Primaria aprenderon tres disciplinas que o compoñen, a dificultade das transicións e o divertido que é practicalo.

Moitas grazas a Raquel e Pablo por todo.

Visita do clube Triatlón Ferrol
Distribuir contido