Edusaúde

Estamos a piques de rematar este curso, e non queremos deixar de compartir con vós dúas novas iniciativas dentro do PVAD.

Por unha banda, a creación da DEPORTECA, un servizo de préstamo de material deportivo para facer máis activos os tempos de lecer.

DEPORTECA E ASALTO AO CASTELO

 

Este xoves os alumnos e alumnas de 3º ciclo participaron nunha charla para  concienciar sobre os beneficios e riscos da navegación polo ciberespazo.

Navega con Rumbo

Para rematar este curso coa modalidade de "Coñece o meu club", dentro do PVAD, tivemos con nós a Luis, entrenador do Club de Rugby de Ferrol.

Traballou co alumnado de 5º e 6º de Primaria e amosoulles as virtudes deste deporte colectivo tan divertido.

Moitas grazas por todo, Luis!

Visita do Club de Rugby de Ferrol

O pasado mércores, 17 de abril, celebramos o Día da Educación Física na rúa. Achegámonos ao Parque da Lectura, onde a profe Vanessa organizou unhas clases moi divertidas. PASÁMOLO XENIAL!

17 de abril - Día da Educación Física na rúa

Para rematar o trimestre, tivemos no noso cole a Emilio, da Escola de Esgrima Tres Armas de Ferrol.

Descubriunos o manexo do florete e desfrutamos dos asaltos. Quen sabe se temos algún ou algunha experta tiradora entre nos!

Grazas, Emilio!

Visita da Escola de Esgrima Tres Armas de Ferrol

O venres 16 de febreiro tivemos unha visita moi especial! Héber, Delmás e Vadillo, xogadores do Racing de Ferrol, acudiron ao noso centro para compartir connosco a pasión polo fútbol.

Responderon moi amablemente ás nosas preguntas e asinaron debuxos, camisetas, bufandas... Ademais, trouxeron un agasallo fabuloso: UNHA CAMISETA CO NOME DO NOSO COLEXIO!!! 

Foi todo un pracer contar coa vosa presenza. Un millón de gracias!

Visita dos xogadores do Racing de Ferrol

O clube Triatlón Ferrol inaugura, neste segundo trimestre, as xornadas de iniciación "Coñece ao meu clube".

O alumnado de 3º, 4º e 6º de Primaria aprenderon tres disciplinas que o compoñen, a dificultade das transicións e o divertido que é practicalo.

Moitas grazas a Raquel e Pablo por todo.

Visita do clube Triatlón Ferrol
Tags:

No documento adxunto tedes toda a información sobre a carreira pola paz que imos celebrar o próximo día 30 de xaneiro. Estades todos e todas convidados

O alumnado de 5º e 6º de Primaria participou nun obradoiro de alimentación saudable no que aprenderon a elaborar un menú equilibrado, a analizar as etiquetas dos alimentos procesados e descartar os menos saudables.

Para rematar este obradoiro, elaboraron unha merenda saudable.

OBRADOIRO DE NUTRICIÓN 5º E 6º DE PRIMARIA
Distribuir contido