Campaña "Uno entre cien mil"

Dende o noso centro volveremos colaborar coa fundación Uno entre cien mil, que ten como obxectivo recadar fondos para investigar a leucemia infantil e chegar algún día á curación total desta enfermidade. Por iso o día 1 de marzo imos participar na actividade que nos propoñen “La vuelta al cole contra la leucemia infantil”.

Xa temos o diploma da nosa participación na campaña "A volta ao cole contra a leucemia infantil" 

GRAZAS A TOD@S POLA VOSA COLABORACIÓN!!!

O venres 17 de marzo celebramos no colexio unha carreira solidaria co fin de recadar fondos para a Fundación Uno Entre Cien Mil. 

A convocatoria foi todo un éxito, conseguindo un total de 911.80 €. Aquí vos deixamos un vídeo resumo da carreira.

CARREIRA SOLIDARIA CONTRA A LEUCEMIA INFANTIL

O venres 25 de outubro a comunidade educativa do Ceip Plurilingüe Virxe do Mar participou na V Edición de "La vuelta al cole contra la leucemia infantil", organizada pola Fundación Unoentrecienmil, para recaudar fondos na loita contra esta enfermidade.

Como no curso pasado, a convocatoria foi todo un éxito e recaudamos un total de 609,12€ 

GRAZAS A TODOS E TODAS POR COLABORAR!!!

Carreira solidaria 2019

O 26 de outubro toda a comunidade educativa do CEIP Plurilingüe Virxe do Mar uniuse para realizar unha carreira solidaria e recadar fondos para loitar contra a leucemia infantil.

Grazas á activa participación e ás doazóns acadadas a favor da mesma, esta iniciativa foi todo un éxito.

CARREIRA SOLIDARIA CONTRA A LEUCEMIA INFANTIL
Distribuir contido