PLANS

A finalidade deste plan radica na práctica diaria de deporte e exercicio físico durante a xornada escolar, e da promoción dunha vida activa, saudable e autónoma.

Este plan tenta conseguir a mellora da coordinación do benestar e protección do alumnado, e establecer os mecanismos necesarios para unha maior coordinación en materia de educación emocional, de xeito que se converterá nun referente para apoiar a labor do profesorado ante posibles casos de violencia no propio centro ou na súa contorna.

O Proxecto Lector de centro ten como finalidade integrar todas as intervencións do centro destinadas ao fomento da lectura, da escritura e das habilidades informativas.

Este documento reflicte os obxectivos e iniciativas en prol da lectura dinamizando os recursos do centro para posibilitar unha aprendizaxe activa en todas as áreas e niveis.

O Plan Dixital enténdese como un instrumento que debe favorecer e impulsar o uso dos medios dixitais tanto nos procesos de ensinanza-aprendizaxe como no resto dos procesos de xestión do centro, sempre co obxectivo último de colaborar no desenvolvemento integral do alumnado.

Distribuir contido