Plan Proxecta

Os pequenos do cole rematan o curso do xeito que máis lles gusta, xogando! A través do xogo seguen a desenvolver as súas capacidades e habilidades, empregando diferentes materiais para elo, en diferentes situacións e ámbitos, fomentando así unha aprendizaxe motivadora e significativa para todos/as eles/as.

EDUCACIÓN FÍSICA EN EDUCACIÓN INFANTIL - 3ºTRIMESTRE

Para rematar o curso, co alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria, damos por adquiridas e asentadas as capacidades perceptivo motrices correspondentes, e a maiores, favorecemos o desenvolvemento da expresión corporal.

EDUCACIÓN FÍSICA 1ºCICLO - 3ºTRIMESTRE

As nenas e nenos do segundo ciclo da etapa de Educación Primaria, seguen a fomentar múltiples habilidades motrices, como diferentes tipos de golpeos, recepcións, lanzamentos, saltos, etc. Ademáis este último trimestre traballaron a expresión corporal por medio de dramatizacións, mímica ou ritmos a través do baile.

EDUCACIÓN FÍSICA 2ºCICLO - 3ºTRIMESTRE

Os maiores do cole están feitos uns grandes deportistas! Ao longo do último trimestre, seguiron a practicar diferentes deportes como por exemplo o Voleibol ou o Colpbol, a través dunha iniciación deportiva. Ademáis, fixeron circuitos en bicicleta, monopatíns, patíns ou patinetes; pasando diferentes probas e obstáculos.

EDUCACIÓN FÍSICA 3ºCICLO - 3ºTRIMESTRE

Este mércores 31 para despedir o mes, os rapaces  e as rapazas de 5º A, 5º B e 6º de educación primaria desprazámonos ao Pavillón Campo da Serra de Narón. Alí participamos nunha xornada de Colpbol  con diferentes centros da contorna. Esta actividade lévase a cabo dende a área de Educación Física e forma parte da iniciativa dos Contratos- Programa ( EDUsaúde) xa que colaboramos como centro dinamizador de hábitos de vida saudables.

XORNADAS DE COLPBOL - 5º E 6º DE PRIMARIA

O pasado 12 de  maio celebrouse a xa tradicional MARCHA CICLISTA na que participan todos os colexios de Narón. O noso cole aportou uns 75 ciclistas entre alumnado, profesorado e familias.

Foi unha mañá festiva na que todos e todas disfrutamos da bicicleta.

MARCHA CICLISTA

Durante varias sesións as nenas e nenos da clase de 1º estivemos a aprender a través dun obradoiro de nutrición . Nel , puideron descubrir a importancia para a nosa saúde de levar a cabo unha alimentación variada e saudable, que proporción de alimentos debería ter o noso prato de comida, que alimentos debemos evitar, ...

OBRADOIRO DE NUTRICIÓN 1º

O Clube Narón Volea acudiu a semana pasada ao noso centro, para ensinar e amosar ao alumnado de terceiro ciclo o seu deporte, o voleibol. Ángel e Laura contaron aos nenos e nenas as suas experiencias persoais coa práctica do volei, e ensinaron os conceptos básicos do mesmo, fomentando no alumnado motivación e ganas de favorecer a práctica deportiva. Gracias!

VISITA DO CLUBE NARÓN VOLEA

Esta actividade consiste en destinar entre 5 e 10 minutos do tempo lectivo a practicar algunha  actividade física, neste caso correr non patio. Así, ademais de romper o sedentarismo na clase, facemos que o noso cerebro recargue as pilas para continuar coas clases. SON TODO BENEFICIOS!

DÁME 10 - CURSO 22/23
Distribuir contido