Plan Proxecta

Durante este curso continuamos co calendario de merendas, o mellor xeito de eliminar os produtos ricos en graxas saturadas e azucre e que o noso alumnado comprenda a importancia de alimentarse de forma saudable.

CALENDARIO DE MERENDAS

MERENDAS SAUDABLES CURSO 22-23

O noso centro preocúpase cada vez máis pola formación integral dos  alumnos, e desde esta perspectiva programouse un obradoiro de Primeiros Auxilios para o nivel de 6º. Nel tratouse o valor da axuda aos demais  e a importancia da actuación inmediata ante un caso de emerxencia

Bravo rapaces-zas, o interese  que amosáchedes móvenos cada vez máis en buscar todo tipo de actividades que vos enriquezan na vida

Aquí temos unhas imaxes.

Obradoiro de Primeiros Auxilios

O venres 14 de febreiro, parte do noso alumnado de 2º a 6º de primaria participou na carreira celebrada en Cabanas, dentro das actividades do Programa XOGADE.

Obtivemos moi bos resultados, quedando entre os cinco primeiros postos en todas as categorías, e acadando o primeiro posto nas carreiras de 5ºEP e 6ºEP/1ºESO-feminina.

Carreira campo a través - Programa XOGADE 2020

O venres 31 de xaneiro celebramos o 1º Día do Movemento deste recién estrenado 2020. Bailamos unha danza tradicional francesa: a Chapelloise.

Se queres ver o ben que bailamos, clica na imaxe.

1ºDía do Movemento 2020

Outro ano máis os alumnos e alumnas de 5º (A e B) participaron nas Xornada de Podlbol celebrado no Concello de Narón.

Este deporte, no que participan tanto nenos como nenas, fomenta a convivencia entre os alumnos de distintos colexios da comarca.

XORNADAS DE COLPBOL

O venres 25 de outubro a comunidade educativa do Ceip Plurilingüe Virxe do Mar participou na V Edición de "La vuelta al cole contra la leucemia infantil", organizada pola Fundación Unoentrecienmil, para recaudar fondos na loita contra esta enfermidade.

Como no curso pasado, a convocatoria foi todo un éxito e recaudamos un total de 609,12€ 

GRAZAS A TODOS E TODAS POR COLABORAR!!!

Carreira solidaria 2019

O luns 27 de maio celebramos o III Día do Movemento.

III Día do Movemento

O martes 9 de abril, todo o profesorado do centro participou nunha charla sobre a diabetes ofrecida pola Asociación de Diabéticos de Ferrolterra.

Puidemos coñecer aspectos desta enfermidade que ignorabamos pero, sobre todo, indicáronnos certos aspectos para ter en conta en caso de ter un/unha alumno/a  diabético/a en as nosas aulas. Así, aprendemos a usar un  glucómetro, a poñer en práctica certas rutinas para evitar, no posible, que noso/a alumno/a sufra unha  hipoglucemia e como actuar no caso de que esta se produza... 

Charla sobre a diabetes para o profesorado.

Este venres celebramos o Día da Educación física na rúa. Para ver un pequeno resumo das actividades realizadas clicade na imaxe.

 

Día da Educación Física na rúa 2019

O martes 9 de abril, os nenos e nenas de 3º de Primaria participamos nunha charla moi interesante sobre a diabetes.

Descubrimos moitas cousas desta enfermidade que descoñecíamos, como que hai varios tipos de diabetes e a que soe afectar aos nenos coma nós é a do tipo 1, os síntomas que produce a falta de insulina, como son os aparellos para medir a glucosa en sangue...

Charla sobre a diabetes para o alumnado de 3ºEP
Distribuir contido