Plan Proxecta

O venres 15 de marzo celebramos o II Día do Movemento, onde todos e todas corrimos polo patio do colexio.

II Día do Movemento

Os días 21 e 28 de febreiro, o alumnado de 3º de Primaria participou nun taller de nutrición saudable, onde aprenderon a elexir entre os alimentos que lles aportan máis nutrientes e menos azucres, hábitos de hixiene, etc.

Obradoiro de alimentación saudable - 3ºEP

Dentro das actividades do Plan proxecta: Centros activos e saudables levamos a cabo a celebración do I Día do Movemento.

Este ano adicámolo a unha xornada de carreira, xa que formamos parte do Proxecto Cardioescolas no que tratamos de fomentar hábitos saudables e actividade física diaria.

Ao rematar a carreira todo o alumnado tomou un pequeno tentempé de froita.

I DIA DO MOVEMENTO

Durante este luns  e martes os alumnos de 5º e 6º realizaron un obradoiro de nutrición.

Cris, a monitora, presentou as distintas bacterias que poden tes os alimentos se non se conservan ben.

Aquí temos as bacterias...

Despois todos manipulamos os alimentos e fixemos un bocadillo.

OBRADOIRO DE NUTRICIÓN

Un partido polo planeta é un xogo dirixido ás nenas e aos nenos de Primaria.

O obxectivo deste xogo é facer ver ao alumnado a necesidade dunha xestión responsable dos residuos urbanos e o importante papel que temos cada un de nós á hora de mellorar a nosa contorna inmediata e contribuir así a un cambio máis global.

Un partido polo planeta.

Os días 16 e 17 de xanerio, o alumnado de 4º de Primaria participou nun taller de nutrición saudable, onde aprenderon a elexir entre os alimentos que lles aportan máis nutrientes e menos azucres, hábitos de hixiene, etc.

Taller de nutrición 4ºEP

O alumnado de 3º e 4º de Primaria participou o 17 de xaneiro nunha carreira campo a través nas inmediacións do Muíño de Pedroso.

Esta actividade formaba parte do programa XOGADE.

 

Carreira campo a través 3º e 4ºEP Curso 2018-2019 - Programa XOGADE

Esta semana os alumnos de 5º e 6º do noso colexio realizaron unas xornadas de colpbol,neste deporte non consisten en competir, senón en xogar mesturados os alumnos dos distintos centros para que  se relacionen interactivamente a través do xogo compartido. Os centros participantes foron: CEIP A Magdalena, CEIP A Fraga, CEIP Sta Mª de As Pontes, CEIP Santiago Apóstol de  Franza, CEIP Jorge Juan, CEIP Ponte Xuvia, CEIP Pl. Virxe do Mar de Narón e CEIP Maciñeira de Neda. 

XORNADAS DE COLPBOL

Os alumn@s de 6º de Primaria participaron, xunto cos colexios da zona, en diversas actividades no Día contra a violencia de xénero. Aquí temos algunhas imaxes da marcha ciclista.

               

MARCHA CICLISTA DE 6º CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA
Distribuir contido