Plan Proxecta

O alumnado de 5º A e 5ºB participou nas Olimpiadas de Educación Viaria que organizou o Concello de Narón. Fixeron entre outras probas, unha gincana de habilidades na bicicleta formada por diferentes tarefas que estiveron a practicar durante varios días. Ademáis de pasalo ben, incrementamos a actividade física por parte do alumnado durante o camiño á escola! 

OLIMPIADAS DE EDUCACIÓN VIARIA DO CONCELLO DE NARÓN 2023

A iniciación deportiva, concretamente a través de deportes coma o baloncesto e deportes alternativos coma o floorball, é o contido principal que estivo a traballar o alumnado de 5º e 6º de educación primaria en educación física. Seguiremos sumando aprendizaxe de diferentes modalidades deportivas no seguinte trimestre!

EDUCACIÓN FÍSICA 3ºCICLO - 2ºTRIMESTRE

O alumnado de 2º ciclo continúa a facer actividades e xogos que melloran o desenvolvemento das suas habilidades motrices con e sen obxectos (diferentes tipos de balóns, sticks,aros, etc.) e as suas capacidades físicas básicas, incidindo este trimestre na coordinación e no equilibrio, asentando xa o esquema corporal e a lateralidade.

EDUCACIÓN FÍSICA 2ºCICLO - 2ºTRIMESTRE

O alumnado de 1º e 2º curso durante o segundo trimestre segue a favorecer o desenvolvemento de diferentes habilidades motrices básicas e aquelas como a coordinación e o equilibrio, mediante a interiorización do esquema corporal, sempre a través do xogo.

EDUCACIÓN FÍSICA 1ºCICLO - 2ºTRIMESTRE

O alumnado de 2º de Primaria realizou un traballo de recollida e análise de información sobre a alimentación saudable. Fixeron dous murais e prepararon a exposición dos contidos. Logo tocou expoñelos ante as/os compañeiras/os. Foi toda unha experiencia!

Alimentación saudable - 2ºEP

 Durante o primeiro trimestre do curso 2022-2023, as alumnas e alumnos de 3º participamos nun obradoiro de nutrición no que aprendemos, entre outras cousas, a cantidade de azucre que levan os alimentos que máis nos gustan e como comer de forma máis saudable. Como remate do obradoiro, a monitora fíxonos unha merenda con produtos saudables e apta para celíacos e tivemos que averiguar cales eran os ingredientes dos doces que nos preparou. Divertímonos comendo e aprendendo á vez!

Obradoiro de nutrición

O alumnado de todo o colexio, co motivo da celebración do samaín e magosto,  realizou unha xornada de xogos populares e tradicionais, dentro da modalidades XOGADE, do Plan Proxecta. Xogaron ao brilé, ao pano, ao xogo da bomba,á mariola, etc.

XOGOS POPULARES DO SAMAÍN E O MAGOSTO

Ao longo do primeiro trimestre, os máis pequeniños do cole, practicaron diferentes actividades físicas para desenvolver as suas habilidades motrices e perceptivas. Con diferentes materiais, favoreceron o traballo da coordinación, equilibrio, esquema corporal, etc.

ACTIVIDADES DE CONCIENCIACIÓN DA VIDA ACTIVA EN INFANTIL

Este primeiro trimestre, todos os cursos de primaria fixeron múltiples actividades de concienciación sobre os beneficios da vida activa e a práctica de diferentes hábitos saúdables, principalmemte a actividade física. Ademáis de hábitos de hixiene como o momento do aseo tras as clases de Educación física, favorecemos nos menores unha adeherencia ao deporte e ao exercicio físico. Isto o levamos a cabo a través de xogos (como poden ser os xogos populares) e a través de actividades que fomentan o desenvolvemento das habilidades motrices e capacidades físicas básicas do alumnado.

ACTIVIDADES DE CONCIENCIACIÓN DA VIDA ACTIVA EN PRIMARIA

Desde a área de Educación Física, a través de diversas actividades e propostas, axudamos ao noso alumnado a descubrir o gusto pola actividade física e o benestar, tanto físico como mental. A continución, amosamos algunhas das actividades que fomos facendo ao longo do curso:

ACTIVIDADES DE EDUCACIÓN FÍSICA
Distribuir contido