Actividades do EDLG

O pasado 23 de maio , as nenas e nenos de Educación Infantil particioaron no Correlingua 2023. Despois da "carreira" que percorreu parte do paseo marítimo de Caraza, puideron disfrutar da actuación musical das Monchas e a lectura do manifesto en prol da nosa lingua , feito polo alumnado de varios IES de Galicia. 

CORRELINGUA 2023

Un ano máis, para celebrar o Día das Letras Galegas, publicamos a nosa revista ANDAR.

Para acceder á lectura preme na imaxe.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS -  REVISTA ANDAR 2023

Na semana do 20 ao 24 de marzo conmemoramos os días da Poesía, da Árbore e da Agua. Para celebralo, escribimos poemas sobre a natureza e adornamos con eles as portas das aulas.

DÍA DA POESÍA, DA AUGA E DA ÁRBORE 2023

Xa temos o cartel anunciador do XXXII CERTAME INTERCENTROS DO CONCELLO DE NARÓN!!!

A gañadora do concurso de debuxo foi ALICIA DEL RÍO DÍAZ DEL RÍO, de 6º de Primaria. NORABOA ALICIA!

Cartel Intercentros 2023

Celebramos o Día de Rosalía participando nas actividades propostas pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, ademais de realizaroutras actividades para coñecer mellor a súa vida e obra.

Día de Rosalía

Un ano máis celebramos o concurso de debuxo de postais de Nadal para escoller o que formará parte da postal que enviamos desde o colexio. Estes foron os debuxos escollidos e os/as seus/súas autores/as.

DEBUXO GAÑADOR: ALICIA DEL RÍO DÍAZ DEL RÍO (6ºA)


1ºFINALISTA: XABI HERNÁNDEZ FIGUEROA (6ºEI)

Concurso de postais de Nadal

O martes 31 de maio, todo o noso alumnado acudiu ao Pazo da Cultura para celebrar o CORRELINGUA 2022, que este ano levou por lema "FÁLAME".

Alí, tras escoitar o manifesto pola lingua, puidemos gozar da actuación de Paco  Nogueiras. 

CORRELINGUA 2022
Distribuir contido