Plan Proxecta

O 26 de outubro toda a comunidade educativa do CEIP Plurilingüe Virxe do Mar uniuse para realizar unha carreira solidaria e recadar fondos para loitar contra a leucemia infantil.

Grazas á activa participación e ás doazóns acadadas a favor da mesma, esta iniciativa foi todo un éxito.

CARREIRA SOLIDARIA CONTRA A LEUCEMIA INFANTIL

 

O pasado 11 de outubro os alumnos e alumnas de 4º e 5º de Primaria realizaron unha saída en bicicleta aos Museo da Policía de Narón. Seguimos a traballar , en colaboración cos responsables de Educación Vial do Concello, en fomentar no noso alumnado hábitos de vida saudables , onde o deporte sexa protagonista na súa vida diaria.

Saída en bici ao Museo da Policía (4º e 5º)
Distribuir contido