Emocióna-T

A obra de Chema Madoz é recoñecida por tratarse de fotografías de obxectos cotiáns cos que pretende presentarnos os seus sentimentos.

Os nenos e nenas de 2º foron fotógrafos por un día, ollade as súas emocións.

CLICA AQUÍ

EMOCIÓNS DA NATUREZA

O xoves 11 de abril, o alumnado de 3º de Primaria acudiu ao Auditorio de Ferrol para desfrutar dun concerto da Pequeorquestra.

Concerto da Pequeorquestra no Auditorio de Ferrol - 3ºEP

O venres 5 de abril, o alumnado de 3º de Primaria achegouse ata a ludoteca da Solaina. Alí, ademais de informarnos das actividades que nela se desenvolven, aprendimos a fabricar xoguetes con material reciclado e... XOGAMOS UN MONTÓN!

Visita á Ludoteca da Solaina - 3ºEP

O pasado 2 de abril celebramos o Día das Artes Galegas e, xa que estamos a traballar o cine no cole, que mellor que ver unha película 100% galega: VALENTINA.

Día das Artes Galegas - Valentina

O Concello de Narón está a levar a cabo este curso 2023/2024 un proxecto co obxectivo principal de dotar a poboación de menores do Concello e as súas familias das ferramentas necesarias para evitar condutas adictivas relacionadas co uso das novas tecnoloxías.

 

Distribuir contido