O proceso de formalización de matrícula, para o alumnado de nova incorporación, para o curso 2024/2025 está aberto desde o 20 ao 28 de xuño, en horario de luns a venres de 12 a 13 horas.
O xoves 13 de xuño celebramos a gran final do disputadísimo torneo de "Asalto ao Castelo".
Enfrontábanse os Esquíbiris contra os Picapiedras. Nos minutos finais, os Picapiedras lograban roubar dous tesouros e proclamarse campións desta I edición.
A emoción foi desbordante! Pancartas, camisolas elaboradas para a ocasión e moita aprendizaxe para todos/as os/as participantes.
Moitas grazas ao alumnado e ao profesorado por todo o aportado.