O clube Triatlón Ferrol inaugura, neste segundo trimestre, as xornadas de iniciación "Coñece ao meu clube".

O alumnado de 3º, 4º e 6º de Primaria aprenderon tres disciplinas que o compoñen, a dificultade das transicións e o divertido que é practicalo.

Moitas grazas a Raquel e Pablo por todo.

Visita do clube Triatlón Ferrol

No documento adxunto tedes toda a información sobre a carreira pola paz que imos celebrar o próximo día 30 de xaneiro. Estades todos e todas convidados

 

 Como ven sendo habitual nos últimos anos, á volta das vacacións de Nadal, os nosos nenos e nenas atopáronse cuns agasallos debaixo da árbore. Temos que agradecer a es "familia anónima" que fai posible que todos os anos os  nosos pequenos e pequenas teñan esta sorpresa.

Distribuir contido