Con-vive

O alumnado de Educación Infantil e 1ºCiclo de Primaria participou nun obradoiro de elaboración de maios.

MAIOS 2024

O alumnado de 3ºEP participou, ao longo de todo o curso, nun obradoiro de bicis e peóns impartido polo equipo de Educación Viaria do Concello de Narón.

No primeiro trimestre Quico ensinounos unhas nocións básicas de seguridade viaria: por onde temos que camiñar cando imos pola rúa, como temos que facernos ver, que elementos de seguridade son imprescindibles na bici... 

OBRADOIRO DE BICIS E PEÓNS - 3ºEP

Como todos os anos, ademais das actuacións que tiveron lugar o 23 e 24 de abril, o noso cole participou no Certame Intercentros do Concello de Narón na modalidade de murais. Estas foron as preciosas creacións do noso alumnado:

EDUCACIÓN INFANTIL - 3 ANOS

EDUCACIÓN INFANTIL - 4 ANOS

XXXIII Certame Intercentros do Concello de Narón - Modalidade de murais

O venres 15 de decembro recibimos dúas visitas moi especiais.

A primeira foi a dun grupo de docentes procedentes de Turquía, que están a coñecer de primera man o traballo que se realiza na cidade en materia de Educación Viaria  e tamén a labor que se leva a cabo cada día nos centros de ensino, entre eles o noso.

A segunda foi a dos bombeiros do SPEIS de Narón, para impartir un obradoiro de prevención de incendios. Primeiro déronnos unha clase teórica sobre como extinguir pequenos lumes no fogar para, despois, facer prácticas no manexo de extintores.

Visita dos profes de Turquía e dos bombeiros do SPEIS de Narón

O martes 28 de novembro, o noso alumnado disfrutou da representación teatral da obra "As minas do rei Salomón" interpretada pola compañía Teatro dos Gazafellos.

Teatro no colexio - As minas do rei Salomón

O alumnado de 1º a 4º de Primaria participou na Mostra de Teatro do Concello de Narón, na que acudiron á representación da obra "¡Ándale! Buen apetito" da compañía Gazafellos.

Mostra de Teatro do Concello de Narón - 1º a 4º de Primaria
Distribuir contido