OBRADOIRO DE BICIS E PEÓNS - 3ºEP

O alumnado de 3ºEP participou, ao longo de todo o curso, nun obradoiro de bicis e peóns impartido polo equipo de Educación Viaria do Concello de Narón.

No primeiro trimestre Quico ensinounos unhas nocións básicas de seguridade viaria: por onde temos que camiñar cando imos pola rúa, como temos que facernos ver, que elementos de seguridade son imprescindibles na bici... 

No segundo trimestre fixemos unha clase práctica con todo o que aprenderamos. Así que tocou poñerse os cascos, vestir os chalecos e montarse nas bicis.

Por último, xa no terceiro trimestre, puxemos a proba os coñecementos adquiridos xogando a un pasapalabra moi divertido.

OBRADOIRO DE BICIS E PEÓNS - 3ºEP