Programa TEI

 As alumnas e alumnos de 3º e de 5º xuntámonos no día de Rosalía para conmemorar o seu nacemento revisando a súa obra e creando os nosos propios poemas a partir de catro palabras escollidas dos seus.

Ao final, elaboramos un mural coas nosas creacións.

FACENDO POEMAS ENTRE IGUAIS

As nenas e nenos de 3º e 5º de primaria xuntámonos cos nosos equipos TEI para intercambiar agasallos de Nadal que elaboramos nós mesmos:

 

INTERCAMBIAMOS AGASALLOS DE NADAL

As alumnas e alumnos de 3º e 5º de primaria encontráronse na biblioteca do centro para coñecerse, establecer os equipos de titores e titorizados e realizar unha actividade de cohesión dos equipos consistente en facer un escudo representativo do grupo.

Aquí van algunhas fotos deses momentos:

1º ENCONTRO TEI 3º-5º

O pasado xoves 12 de marzo as alumnas e alumnos de 3º e 5º de primaria fixemos unha xuntanza para elaborar pareados e poñerlles imaxe. O tema dos pareados foi: hábitos saudables.

Encontro TEI 3º EP - 5º EP

O pasado mércores 4 de marzo organizamos un encontro entre titoras/es e as súas/seus titorados con obxecto de solventar certas dúbidas e incidencias sobre as/os encargadas/os dos xogos no patio.

Serviunos para poñer en común os problemas ante os que se atopan as/os encargadas/os dos xogos e buscar solucións aos mesmos a través da comprensión e o diálogo.

Encontro TEI 4ºEP-6ºEP

O luns 28 de outubro tivo lugar a entrega de diplomas aos alumnos e alumnas que exercerán como tirores e titoras durante os cursos 19-20 e 20-21.

As encargadas de presidir o acto e realizar a entrega de diplomas foron a alcaldesa, Marián Ferreiro, e a concelleira de ensino, Mercedes Taibo. 

Entrega de diplomas 2019

Partindo do vídeo da película "Inside Out", esta actividade ten como obxectivo traballar o descubrimento das emocións.

A finalidade é que o alumnado faga un traballo en profundidade das cinco emocións básicas: alegría, tristeza, noxo, ira e medo e dúas emocións máis: a vergonza e a sorpresa.

Actividade 3ºEP: Inside out

O xoves 21 de marzo celebramos o Día da Poesía, no que titores e titorandos intercambiamos versos e agasallos.

Día da Poesía

O venres 25 de xaneiro, titores e titorandos de 5º e 3º realizaron unha actividade que consistiu na aprendizaxe e posterior práctica do xogo da escoba.

Para iso o gañador do I torneo de escoba, Duarte Sabio (3ºEP), acudiu xunto coa súa mestra á aula de 5ºEP para ensinarlles aos titores os fundamentos deste xogo de cartas.

Máis tarde, e despois de solucionar algunhas dúbidas, os titores acudiron xunto aos seus titorandos para practicar este xogo.

Ensinando aos titores
Distribuir contido