Ensinando aos titores

O venres 25 de xaneiro, titores e titorandos de 5º e 3º realizaron unha actividade que consistiu na aprendizaxe e posterior práctica do xogo da escoba.

Para iso o gañador do I torneo de escoba, Duarte Sabio (3ºEP), acudiu xunto coa súa mestra á aula de 5ºEP para ensinarlles aos titores os fundamentos deste xogo de cartas.

Máis tarde, e despois de solucionar algunhas dúbidas, os titores acudiron xunto aos seus titorandos para practicar este xogo.

Ensinando aos titores