Conmemoracións

O 2 de maio conmemoramos o Día Internacional contra o Acoso Escolar. Para celebralo, ademais de tratar o tema nas aulas, decoramos as ventas con frases e debuxos contra o acoso e fixemos un vídeo.

DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR

O pasado venres 21 de maio celebramos unha xornada máis de apadriñamentos lectores, co gallo da celebración do Día do Libro.

Apadriñamentos lectores 2023

 O vindeiro 23 de abril celébrase o Día do Libro e , como todos os anos estaremos inmersos en varias actividades para conmemoralo. O venres 21 teremos os apadriñamentos lectores e o luns a seguinte actividade a que vos convidamos a participar.

O sábado 3 de decembro conmemorouse o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Para celebrar este día, e facer que o noso alumnado tome conciencia de todo o que queda por facer para facilitar as vidas destas persoas, fixemos varias actividades que quedaron recollidas no seguinte vídeo.

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

O 25 de novembro celebramos o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Para conmemorar esta data realizamos as seguintes actividades:

  • CONCURSO DE LOGOS 

O alumnado participou por ciclos nun concurso de debuxo no que escollimos os logos para as chapas que entregamos o propio día 25. Os debuxos gañadores foron:

25 de novembro de 2022 - Día Internacional contra a Violencia de Xénero

O pasado domingo 20 de novembro foi o Día Internacional da Infancia.

Para conmemorar esta data tan importante e significativa, ademáis das actividades realizadas nas aulas, fixemos un baile conxunto no patio.

20 de novembro - Día Internacional da Infancia

Chega o 19 de marzo e na aula de 5º celébrase o Día do pai. Este ano fixemos unha decorativa figura con forma de garabata para colgala como decoración no espello retrovisor do coche de papá. 

Así traballamos o regalo.

Día do pai en 5º
Distribuir contido