Conmemoracións

O luns 9 de marzo, o alumnado de 4º de Primaria tivo unha visita moi especial: a escritora Andrea Maceiras.

Falounos do proceso creativo que seguiu para escribir "Conta nove estrelas", o libro que estamos a ler.

Puidemos facerlle unha chea de preguntas sobre o libro, ás que contestou moi amablemente e... sen facer spoiler!

Día da Muller 2020: visita de Andrea Maceiras ao alumnado de 4ºEP

O venres 6 de marzo as nenas e os nenos de Educación Infantil recibimos a visita de Ana Lema, nai de Uxía da clase de 3 anos. Ana é Enxeñeira Técnica Naval e veu a contarnos en que consiste o seu traballo. Lanzou unha mensaxe a todas as nenas de que poderán ser todo o que queiran ser . Que se adiquen a aquilo que máis lles guste .

Semana da muller en Infantil (Visita de Ana Lema, nai de Uxía (3 anos))

Clica na imaxe para ver as actividades.

Día da Paz 2020

Durante o mes de decembro e tras conmemorar o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, levamos a cabo diversas actividades para que o noso alumnado puidese comprender as dificultades ás que se enfrontan diariamente estas persoas, así como a importancia da integración, a inclusión e a eliminación de barreiras.

Ponte no seu lugar!

O 3 de decembro de 2019 conmemoramos o DÍA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE. A través de distintas actividades ( visionado de curtos, películas, actividades de reflexión...) as nenas e nenos do noso centro puxéronse, por un día, na pel daqueles que padecen algún tipo de discapacidade.

DIA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE

O 25 de Novembro dous alumnos de 6º e a súa titora,  leron un manifesto en favor da eliminación da violencia de xénero.

MANIFESTO POLO DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

A violencia contra a muller segue sendo un obstáculo para alcanzar igualdade, desenvolvemento, paz, do mesmo xeito que o respecto dos dereitos humanos de mulleres e nenas.

O alumnado do CEIP Plurilingüe Virxe do Mar participou nos actos que conmemoran este día de forma activa e comprometida.

Podedes ver un vídeo-resumo clicando na foto.

Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

Dentro das actividades levadas a cabo para celebrar o Día Internacional da Muller, quixemos facer a nosa particular homenaxe a unha das mulleres máis  icónicas dentro da arte, A Mona Lisa, no 500 aniversario da morte do seu autor, Leonardo Dá  Vinci, figura na que se basea o Proxecto Documental Integrado deste curso.

Así, todo o cole posou nun photocall que imitaba o famoso cadro.

Día da Muller: a Mona Lisa

O pasado 29 de xaneiro conmemoramos o día da paz e a non violencia, coa I Entrega de Premios da Paz do Virxe do Mar e coa canción a capela de "Non dubidaría". Aplaudimos e divertímonos un montón.

Previamente a este día fixemos unha votación na biblioteca, na que cada aula eleximos ao compañeiro ou compañeira que mellor cumple a recén estrenada Constitución do CEIP Virxe do Mar.

DÍA DA PAZ 2019
Distribuir contido