Conmemoracións

Ao longo do mes de marzo estivemos a traballar os valores de igualdade e inclusión co noso alumnado. Como produto final do noso traballo fixemos unha versión do tema das Tanxugueiras "Terra" en LSE. 

Esperamos que vos guste!

CANTAMOS COAS MANS

O luns 21 de marzo tivemos unha doble conmemoración: o Día da Poesía e o Día da Árbore e... que hai mellor que as poesías ou as árbores? Pois catro árbores cheíñas de follas con poemas!

DÍA DA POESÍA - DÍA DA ÁRBORE

O mércores 23 de febreiro celebramos o Día de Rosalía. Para conmemorar á nosa máis afamada escritora, que mellor que facer as actividades propostas pola AELG. Aquí tedes a primeira parte!

Sementade Pensamentos - Parte I

O venres 10 de decembro celebramos o Día dos Dereitos Humanos e o Día dos Dereitos da Infancia. Bailamos unha canción que nos ensinou a nosa profe de música, Cova.

DÍA DOS DEREITOS HUMANOS - DEREITOS DA INFANCIA

O xoves 25 de novembro celebramos o Día contra a Violencia de Xénero. 

É moi importante que nos Centros Educativos fagamos tomar conciencia, desde as máis temperás idades, das terribles consecuencias que esta secuela pode ocasionar a moitas persoas ao longo das súas vidas.

Estas foron algunha das actividades que realizamos:

CONCURSO DE LOGOS 

O alumnado participou deseñando un logo para a elaboración das chapas que levaron de agasallo. Estes foron os deseños gañadores:

25N - DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Con motivo da celebración do Día do Libro, o equipo de biblioteca elaborou unhas actividades moi entretidas para que o noso alumnado fose facendo ao longo da semana do 19 ao 23 de abril: UNS XOGOS DE PISTAS!

Aquí deixámosvos algunhas imaxes.

Día do Libro 2021

O venres 29 de xaneiro celebramos o Día escolar da paz e a non violencia. Aquí vos deixamos un vídeo-resumo coas actividades que realizamos para conmemorar esta data.

Día da Paz 2021
Distribuir contido