Conmemoracións

Celebramos o Día da Paz coa realización de distintas actividades no salón de actos.

En primeiro lugar, vimos un vídeo no que recompilamos as obras pictóricas realizadas polos nosos alumnos baixo o lema "PINTAMOS A PAZ".

Logo, os alumnos de 5ºEP interpretaron Imagine de Jonh Lennon.

Por último, o alumnado de 6ºEP interpretou o cuarto movemento da novena sinfonía de Beethoven, popularmente coñecido como o Himno da Alegría.

Podedes ver estes vídeos clicando nas imaxes de abaixo.

Día da Paz

 

 Traballando na aula sobre a violencia de xénero

Traballando contra a Violencia de Xénero

Coa intención de celebrar o Día do Libro, os equipos de Biblioteca e EDLG organizaron unha exposición con todos os libros que fixemos nas aulas.

Día do Libro

Co obxecto da celebración da Semana da Prensa, fixemos o noso propio xornal, do que foron protagonistas as mulleres. Para ver o xornal preme no titular.

Semana da Prensa - Día da Muller

O venres 29 de xaneiro celebramos no colexio o Día da Paz e, xa que estamos a traballar sobre as olimpiadas, aproveitamos para formar un símbolo que representa a colaboración e concordia entre os pobos: OS AROS OLÍMPICOS.

 

Día da Paz 2016

O 25 de novembro conmemoramos no colexio o Día Mundial contra a Violencia de Xénero, baixo o lema "OLA IGUALDADE"

Durante toda a semana estivemos a ler contos e analizar os roles sexistas que neles atopamos, visionando vídeos e educando aos nosos alumnos e alumnas na igualdade e no respeto aos demáis.

Con todo o traballado, fixemos unha exposición. Estes foron algúns dos traballos realizados.

Ola Igualdade

O venres 20 de novembro conmemoramos o Día Internacional da Infancia, en honor da aprobación da Declaración dos Dereitos do Neno.

O obxectivo deste día é recordar á cidadanía que os nenos son o colectivo máis vulnerable e, por tanto, o que máis sufre cos problemas que existen no mundo.

Ademáis, facemos ver ao noso alumnado a importancia que teñen os seus dereitos e a necesidade de loitar para garantir que se respenten en todos os lugares do planeta.

Dereitos do Neno
Distribuir contido