A Programación Xeral Anual é o documento que concreta para cada curso escolar o Proxecto Educativo e avala o desenvolvemento coordinado de todas as actividades educativas do centro docente. A Programación Xeral Anual é elaborada polo Equipo Directivo coa participación do profesorado a través do Claustro de mestras e mestres, recolle as aportacións dos restantes compoñentes da comunidade escolar, e é aprobada polo Consello Escolar sen perxuício das competencias do Claustro en relación coa planificación e organización docente.