XORNADAS DE COLPBOL - 5º E 6º DE PRIMARIA

Este mércores 31 para despedir o mes, os rapaces  e as rapazas de 5º A, 5º B e 6º de educación primaria desprazámonos ao Pavillón Campo da Serra de Narón. Alí participamos nunha xornada de Colpbol  con diferentes centros da contorna. Esta actividade lévase a cabo dende a área de Educación Física e forma parte da iniciativa dos Contratos- Programa ( EDUsaúde) xa que colaboramos como centro dinamizador de hábitos de vida saudables. Durante a mañá estivemos xogando en equipos, varios partidos. Desfrutamos moito e coñecemos a novos compañeiros e compañeirasl!!!

XORNADAS DE COLPBOL - 5º E 6º DE PRIMARIA