Este ano choveu tanto que ao exército de naipes da Raíña de Corazóns borráronselle os debuxos dos seus uniformes.

Por esta razón, decidimos deseñar algunha insignia máis duradeira e que resistise o frío e a calor, a choiva e o sol, o vento, as danas... 

Así que decidimos facer unhas chapas co corazón da nosa raíña, os nosos nomes e todos aqueles adornos que cada un quixese poñerlle.

Se queredes ver o proceso de fabricación, podedes facelo no seguinte vídeo.

Creando as insignias do exército da Raíña de Corazóns - Polos Creativos 3ºEP

O alumnado de 3ºEP participou, ao longo de todo o curso, nun obradoiro de bicis e peóns impartido polo equipo de Educación Viaria do Concello de Narón.

No primeiro trimestre Quico ensinounos unhas nocións básicas de seguridade viaria: por onde temos que camiñar cando imos pola rúa, como temos que facernos ver, que elementos de seguridade son imprescindibles na bici... 

OBRADOIRO DE BICIS E PEÓNS - 3ºEP

Como todos os anos, ademais das actuacións que tiveron lugar o 23 e 24 de abril, o noso cole participou no Certame Intercentros do Concello de Narón na modalidade de murais. Estas foron as preciosas creacións do noso alumnado:

EDUCACIÓN INFANTIL - 3 ANOS

EDUCACIÓN INFANTIL - 4 ANOS

XXXIII Certame Intercentros do Concello de Narón - Modalidade de murais

O pasado mércores, 17 de abril, celebramos o Día da Educación Física na rúa. Achegámonos ao Parque da Lectura, onde a profe Vanessa organizou unhas clases moi divertidas. PASÁMOLO XENIAL!

17 de abril - Día da Educación Física na rúa

Hoxe saímos ao Parque da Lectura para celebrar o Día da Terra. 

Tomamos as nosas merendas saudables e xogamos un montón! Foi un xeito diferente de estar no creo. Sen dúbida, volveremos a repetir a experiencia máis días!

DÍA DA TERRA

O pasado martes, 16 de abril, o alumnado de 4º disfrutou e aprendeu grazas ao taller de eduación vial.

Bici para aló e para acolá, pasámolo xenial!!

Taller de educación vial

O pasado luns, 8 de abril, as nenas e nenos de 4º de primaria fixemos un obradoiro sobre as velutinas.

Obradoiro de velutinas

O xoves 11 de abril, o alumnado de 3º de Primaria acudiu ao Auditorio de Ferrol para desfrutar dun concerto da Pequeorquestra.

Concerto da Pequeorquestra no Auditorio de Ferrol - 3ºEP
Distribuir contido