Creando as insignias do exército da Raíña de Corazóns - Polos Creativos 3ºEP

Este ano choveu tanto que ao exército de naipes da Raíña de Corazóns borráronselle os debuxos dos seus uniformes.

Por esta razón, decidimos deseñar algunha insignia máis duradeira e que resistise o frío e a calor, a choiva e o sol, o vento, as danas... 

Así que decidimos facer unhas chapas co corazón da nosa raíña, os nosos nomes e todos aqueles adornos que cada un quixese poñerlle.

Se queredes ver o proceso de fabricación, podedes facelo no seguinte vídeo.

Creando as insignias do exército da Raíña de Corazóns - Polos Creativos 3ºEP