Visita ao Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiro

Os alumnos e alumnas de 1º e 2º de primaria fixemos unha saída moi especial. Visitamos o Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiro e puidemos gozar da compañía das persoas maiores que a el acoden.

Participamos con eles e elas das actividades de baile e comunicación. Ao final repartímoslles as felicitacións de Nadal que con tanto agarimo prepararamos en clase e ... Encantáronlles!

Visita ao Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiro