Saídas Extraescolares

O pasado 12 de marzo, as nenas e os nenos da clase de 5 anos , visitaron o Concello de Narón. Da man de Mamen e Judit puideron coñecer un pouquiño más as cousas que se fan no e dende o Concello, foron recibidos pola alcaldesa, puideron ver que é un arquivo e coñecer de primeira man porque se celebra o día de Narón o 23 de novembro. E como remate da visita, Pedro, o policía, contoulles en que consistía o seu traballo .

Visita ao Concello. Clase de 5 anos

O alumnado de 1º de primaria visitou o Muiño de Pedroso, onde realizaron diversas actividades como por exemplo, Concurso de lóxica, creación de saquiños de olor e realización de mini-hortos de herbas arómaticas.

Aquí tedes unha pequena mostra:

SAIDA A PEDROSO DE 1º DE EP

Que interesante foi a visita que realizaron os alumnos de 5º e 6º ao Museo de Belas Artes de Coruña!

Chegamos ao Museo, e despois de merendar,  entramos con moito interese.

Fixemos unha foto de recordo.

ALUMNOS DE 5º E 6º NO MUSEO DE BELAS ARTES . CORUÑA

O alumnado de 1ºA, 1ºB e 2º de Educación Primaria visitou o Museo de Belas Artes da Coruña. 

Dentro do programa de actividades contaronlles algún dos moitas lendas da Mitoloxía grega relacionadas cos cadros que ensinaban.

Despois fixemos un taller onde debuxamos e creamos casa un o noso ser mitolóxico.

 

VISITA AO MUSEO DE BELAS ARTES DA CORUÑA (1ºEP E 2ºEP)

O mércores 23 de xaneiro, o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria visitamos o Museo de Ciencia e Tecnoloxía da Coruña.

Alí, tras escoitar as explicacións de Pepexán e Marilú, participamos nun xogo moi divertido que consistiu en buscar polas diferentes salas as respostas a unha serie de preguntas.

Logo visitamos a cabina do Lope de Vega, un avión xigantesco!

Foi unha visita moi interesante.

Saída MUNCYT 3º e 4ºEP

A compañía FACE 2 FACE representou onte a obra de teatro en inglés "Tarzán", os nen@s do noso centro disfroitaron desta representación tan xenial. Aquí temos unhas imaxes.

"TARZÁN" (EN INGLÉS) alumnos de 5º e 6º

O pasado 24 de outubro, o alumnado de 3º e 4º de Primaria visitamos a ECOescola As Campeiras, no concello de As Pontes.

Alí, aprendimos moitas cousas sobre as tres R: Reducir, Reciclar e Reutilizar.

Visita á ECOescola As Campeira

O alumnado de 1º e 2º de E.P fixemos unha visita ao Museo Naval de Ferrol onde aprendimos moito sobre os barcos e a vida dos mariñeiros.

SAIDA DE 1º E 2º DE EP AO MUSEO NAVAL E AFUNDACIÓN
Distribuir contido