Saídas Extraescolares

VISITA AO SPEIS NARÓN

Os bombeiros do SPEIS Narón volveron a recibir a visita do noso colexio, esta vez dos nenos de 2º de primaria. 

Ecantoulles coñecer o traballo dos bombeiros e mais os seus aparellos de traballo. 

 

VISITA AO SPEIS NARÓN 2º

As nenas e nenos de 1º visitaron ao SPEIS Narón. Coñeceron o traballo dos bombeiros e ata puideron montar no seu camión!

 

1º visita SPEIS Narón

Alumnos de 5º A e B realizaron un obradoiro de impresión en 3 D despois de visitar o Acuario en A Coruña.

OBRADOIRO  DE IMPRESIÓN 3 D

O mércores 9 de outubro, o alumnado de 3º de Primaria visitou as instalacións de Aldeanova, en Sedes, para realizar dous obradoiros: un de astronomía e outro da horta e os animais.

Visita a Aldeanova

Encantounos a biblioteca de Narón! Está cheiña de contos!

No centro Manuela Pérez Sequeiro fixemos un taller de conversación coas persoas maiores.

O alumnado de 2º visitamos o centro Manuela Pérez Sequeiro e a biblioteca de Narón

Os alumnos de 6º visitaron as dependencias do concello guiados por dúas monitoras que explicaron os distintos usos do Concello.

Máis tarde a alcaldesa foi para saudar e contestar algunhas preguntas que lles fixeron os nen@s con moito agarimo.

Por último visitaron as dependencias de Arquivos e viron o documenta que acredita a creación e formación do Concello.

ALUMNOS DE 6º COÑECEN O NOSO CONCELLO

O 26 de abril os alumnos de 5º e 6º realizaron unha interesante visita cultural ao museo etnográfico de Caldoval en Mugardos.

Así eran estos baños na época romana

A monitora explicounos como quentaban a auga e os nomes das zonas e ropaxe que utilizaban

VISITA AO MUSEO DE CALDOVAL

Os nenos e nenas de 1º e 2º fomos de visita ás Termas romanas de Caldoval.

Aprendimos moito sobre o ocio dos romanos que vivian nas terras de Mugardos. Coñecimos xogos populares coma o Tris, que é un tres en raia circular, logo traballamos co barro para fabricar os nosos propios xogos e finalmente coñecimos, de primeira man, como eran e funcionaban as termas romanas.

VISITA AS TERMAS ROMANAS DE CALDOVAL

O pasado 2 de Abril as nenas e os nenos de Educación Infantil puideron disfrutar da exposición "Terras de Salitre", na sede de Afundación. A través dunha serie de fotografías foron descubrindo a importancia de coidar o medioambiente e as terribles consecuencias que acarrea non facelo.

Saída Afundación . Educación Infantil
Distribuir contido