Saídas Extraescolares

Os alumnos de 5º e 6º visitaron, en Coruña, ao Museo de Ciencia e Tecnoloxía. A actividade realizouse en grupos de dous, así, mentres un grupo realizaba o obradoiro o outro grupo realizaba o percorrido polas instalacións guiadas polo monitor.

A actividade foi moi amena e aprendimos moito do percorrido no tempo. Tamén os nen@ realizaron un pronóstico do tempo.

Gracias aos monitores que explicaron ampliamente todas as salas.

VISITA CULTURAL AO MUNCYT

O xoves 2 de decembro, o alumnado de 4ºEP viaxou ata Ferrol para visitar, da man de KIBUS, o Mercado da Magdalena.

Primeiro visitamos os postos de froita e verdura, máis tarde os da carne e, por último, os do peixe e marisco da praza antiga. Aprendimos moito sobre as froitas de tempada, os peixes da ría e os mariscos.

Ao final, fixemos unhas fotos moi divertidas e trouxemos un agasallo: unha bolsa de tea para facer a compra e unha merenda saudable. UNHA MAÑÁ REDONDA!

VISITA AO MERCADO DA MAGDALENA - 4ºEP

Esta semana os alumnos de 5º A e 6º A,B asistiron  no Pazo da Cultura do Concello de Narón á obra teatral "Rosalía". Unha visión de Rosalía de Castro de cando era nova. 

Resultou moi interesante e instructiva. 

 

TEATRO: ROSALÍA

Os nosos alumnos de 6º realizaron os obradoiros en Pedroso. Mirade que ben estaban.

 

Obradoiros de Pedroso - 6º EP

O xoves 7 de outubro, o alumnado de 4ºEP viaxou ata Pedroso para realizar dúas actividades moi divertidas:

ESCAPE ROOM

Saída a Pedroso - 4ºEP

Este curso, se a pandemia nos deixa, podemos iniciar a nova realidade na que os alumnos de 5º asistiron aos obradoiros na Área Recreativa de Pedroso.

Alí, tivemos as actividades de cestería e de elaboración de chourizos de xeito artesanal.

Aquí temos algunhas imaxes da actividade.

Primeiro baixamos moi ilusionados e con moitas gañas de facer cestos e chourizos.

ALUMNOS DE 5º NOS OBRADOIROS DE PEDROSO

VISITA AO MUSEO DE HISTORIA NATURAL

O PASADO XOVES VISITAMOS O MUSEO DE HISTORIA NATURAL.VIMOS ESQUELETOS E PELES DE ANIMAIS, E TAMÉN UN MONTÓN DE CUNCHAS MARIÑAS.

 

EXCURSIÓN MUSEO HISTORIA NATURAL

O pasado venres 6 de marzo, as nenas e nenos de 4ºEP fixemos unha visita o ás Fragas do Eume con obxecto de recabar a información que precisabamos para o proxecto no que estamos a traballar: Estudo dun espazo protexido.

Saída Fragas do Eume 4ºEP

O pasado 5 de febreiro os nenos e as nenas de Educación Infantil, realizaron unha visita á Torre de Hércules e ao Museo de Belas Artes da Coruña, onde puideron disfrutar, dunha visita guiada moi amena e divertida. Pasáronno xenial!!

SAÍDA DE INFANTIL AO MUSEO DE BELAS ARTES E TORRE DE HÉRCULES
Distribuir contido