VISITA AO PLANETARIO E Á CASA DAS CIENCIAS- 3º E 4º DE EP

 

O pasado mes de xaneiro as alumnas e alumnos de 3º e 4º de primaria visitamos a Casa das Ciencias e o Planetario na cidade de A Coruña.

 

Na entrada da casa das Ciencias recibiunos un enorme péndulo co que puidemos ver o movemento de rotación da terra, xa que é un gran reloxo de péndulo inventado por León Foulcault.

 

Na primera planta experimentamos coas forzas da gravidade e o movemento e no segundo piso coa electricidade, magnetismo e outros experimentos.

 

Antes de entrar no planetario vimos unha exposición do espazo e, unha vez dentro, Cloe explicounos as diferentes constelacións así como as historias que se esconden detrás de cada unha delas. Tivemos ocasión de escoitar moitas anécdotas interesantes.

 

Pasamos unha mañá moi divertida aprendendo cos museos das ciencias.

 

 

 

 

VISITA AO PLANETARIO E Á CASA DAS CIENCIAS- 3º E 4º DE EP