Outras actividades

O pasado sábado 12 de xuño tivemos a inmensa honra de acudir como convidados o Festival Escolar Audiovisual Olloboi 10+1. 

O feito é que o noso proxecto audiovisual "A lata" foi seleccionado como finalista no apartado de  videoclip, así que a profe Marta acudiu a Boiro para participar na entrega de premios.

OLLOBOI 10+1

Iniciarse na actividade científica, traballar de forma cooperativa, identificar e describir plantas do contorno empregando diferentes soportes, recoñecer as plantas como seres vivos e debuxar/representar as plantas empregando diferentes técnicas plásticas, fomentar a lingua oral,  son os obxectivos deste proxecto.

As actividades realizadas están resumidas nos videos seguintes, que para poder visualizalos hai que clicar nas letras de cores.

MISIÓN "AS PLANTAS"- 2º EP

O alumnado de 3ºEP, xunto coas súas profes, fixeron un experimento para coñecer máis sobre as substancias e os diferentes tipos de mesturas.

Recordamos que unha mestura é a unión de dúas ou máis substancias. Estas poden ser homoxéneas ou heteroxéneas. Nas heteroxéneas pódense distinguir os materiais á primeira ollada, se isto non sucede a mestura é homoxénea. Unha disolución é unha mestura homoxénea formada por varias substancias.

Experimento científico: mesturas e disolucións

O luns os alumnos de 4º, 5º (A e B) e 6º (A e B) estivemos no salón de actos escoitando a Jesús o ponente voluntario de Red Natura que nos explicou a importancia de coidar e respectar o noso medio natural.

Esta charla foi realizada con todas as medidas COVID previstas.

 

CHARLA DIVULGATIVA RED NATURA

Este xoves os alumnos de 6º A e B recibimos unha charla moi emotiva da asociación Alcer (Asociación para a loita das enfermidades do ril). Nesta ocasión Ángela, a traballadora social da asociación, ofreceunos unha charla acompañada do voluntario Gumer que nos falou da problemática que teñen as persoas que padecen algunha enfermidade no ril.

Máis tarde valoramos a importancia de coidar os nosos órganos e da xenerosidade das doacións de órganos. Aquí temos algunhas imaxes.

CHARLA INFORMATIVA DA ASOCIACIÓN ALCER

 

Este venres foron elas as que deron clase. Convertíronse en mestras do Lettering e comprobaron aquilo que dicía Séneca: "O que ensina, tamén aprende".

 

 

Actividade de lettering 4º de primaria

Esta actividade colaborativa xurdiu de forma espontánea durante o tempo de lecer no patio. Empregando as cordas, o alumnado deu renda solta á súa creatividade Sorriso

Actividade colaborativa en 4ºEP

As nenas e nenos de 3ºEP, xunto coas súas profes, aproveitamos que estabamos a estudar os mapas e a orientación no espazo para construir un compás, con motivo de celebrar o mes da ciencia.

Estes foron os materiais que empregamos:

           

Construción dun compás - 3ºEP

Co motivo do mes da ciencia, na aula de 1º de primaria fixemos un experimento. Empregamos: papel absorbente, 6 vasos transparentes, agua, unha culler e colorantes de cor amarelo, azul e vermello.

Esperamos e obserbamos que os vasos baleiros empezan a ter auga de diferentes cores.

Experimento na aula 1º

O alumnado de 4ºEP, xunto coas súas profes, rodou un videoclip convidando á xente a poñer en usa as TRES R: REUTILIZAR, REDUCIR E RECICLAR. Así, se todos axudamos, salvaremos o planeta.

Se queres ver o videoclip clica na imaxe.

A LATA
Distribuir contido