Outras actividades

 

Despois de levar unhas semanas traballando co acrosport chegou o momento de demostrar todo o que aprendimos.

ACROSPORT

Hoxe comezamos o mes en movemento, coincidindo co día da paz os nenos e nenas de 5º de Primaria pixeron unhas figuras acrosport formando a palabra Paz. Despois todo o cole movemos o corpo ao ritmo da Yenka.

 

ACROSPORT  POLA PAZ

2ºde primaria

Un alumno da 1ª promoción e maila nai de Noa, sorprendennos contándonos como era o colexio cando eran alumnos e cómo se aprendía no Virxe do Mar!

Eu tamén estiven no Virxe do Mar

O luns 4 de decembro participamos nun simulacro de evacuación por incencio no que estiveron implicados diversos servizos de emerxencia: policía local, bombeiros e emerxencias sanitarias.

Foi todo un éxito xa que evacuamos o colexio rapidísimo, pero mantendo a calma en todo momento, baixando en orde e facendo caso a todas as indicacións que tiñamos.

Aquí podedes ver algunhas imaxes no punto de encontro:

SIMULACRO DE EVACUACIÓN POR INCENDIO

O alumnado de 4ºEP participou, o 28 e 29 de novembro, nun taller de nutrición e hábitos saudables.

O primeiro día Elena, a monitora, falounos dos alimentos e os nutrientes que conteñen. Despois, fixemos unha actividade para clasificar alimentos segundo o que nos aportan e tamén elaboramos un menú saudable.

TALLER DE NUTRICIÓN SAUDABLE 4ºEP

Os alumnos de 3º A, B e 4º comezamos o mes coa visita informativa de reciclaxe a CONFORT auto. 

Estabamos moi inquedos xa no mesmo colexio.

E saímos cara a CONFORT auto

Atallamos por aquí...

Pasamos polo paso da autopista.

CONFORT auto

O alumnado de Primaria acudía o pasado 6 de novembro ao Pazo da Cultura para participar na Mostra de Teatro do Concello de Narón, para ver unha obra chea de valores titulada Lúa.

MOSTRA DE TEATRO: LÚA
Distribuir contido