Outras actividades

O xoves 21 de marzo celebramos no colexio o Día da Poesía facendo un agasallo con material de refugallo e compoñendo uns versos para darllos a un compañeiro ou compañeira do colexio.

Algúns fixemos os agasallos nas nosas casas, coa axuda das nosas familias, e outros os fixemos en clase. Estes son algúns deles:

 

Día da Poesía

Os nenos e nenas de Infantil tiveron a oportunidade de escoitar unha charla amena e divertida sobre o reciclaxe a cargo de Simón e Laura pais de Elia , da clase de 3 anos. Aprenderon un montón de cousas e recibiron tamén un montón de agasallos , cortesía de Sogama.

Charla reciclaxe (pais da clase de 3 anos)

 Aquí tedes as nosas brigadas ecolóxicas a pleno rendimento, cos chalecos co logo gañador e coas cores identificativas de cada colector: azul: cartón e papel, verde: residuos orgánicos e amarelo: envases e plásticos.

Brigadas Ecolóxicas

Este entroido propuxémonos eliminar o plástico dos nosos disfraces. Todos foron elaborados con papel, cartón e/ou materiais reciclados. 

Aquí podedes ver algunhas fotos do proceso de elaboración.

  

Entroido Ecolóxico 2019

Os colaboradores de Alcer Jesús e a traballadora social Angela deron unha charla moi interesante sobre o ril e as súas enfermidades. Todos estabamos moi interesados.

CHARLA ALCER

O pasado xoves 20 de decembro tivemos unha visita moi especial no colexio: a dos entrenadores e cans de rescate da Asociación de Cans de Salvamento de Galicia.

Viñeron para falarnos da importancia destes animais nas nosas vidas, de como hai que coidalos e de que non son un xoguete do que nos poidamos desfacer se nos cansamos del.

CASAGA

Que xornadas tan fantásticas recibiron os alumnos de 6º de Primaria ao poñerse no lugar dun/dunha nen@ con discapacidade funcional!

Primeiro a monitora Marta informou da necesidade de modificar o entorno para persoas con esta problemática. Falamos e todos coincidimos na necesidade de modificar os accesos aos diferentes espazos da vida cotiá.

Máis tarde comezamos a preguntarnos como se sinten estas persoas e así comezamos a ter empatía con eles. Aqui temos algúns momentos divertidos e entrañables.

XORNADAS DE DIVERSIDADE FUNCIONAL

Ao longo deste mes de novembro, o alumnado de Educación Primaria tivo a oportunidade de coñecer e practicar un pouquiño a Lingua de Signos das mans da Asociación de Xordos.

Charlas da Asociación de Xordos

Carolina González Penabad, Noelia Sequeiro Luaces e Alba Vieito Vázquez gañaron os premios de redacción "Os pequenos co pequeno comercio", convocado pola Federación de Comercio de A Coruña para todos os alumno se alumnas de 5º e 6º de Primaria da provincia.

No traballo contaron unha historia que narraba os seus sentimentos, vivenzas, recordos ou as experiencias no pequeno comercio.

 

Pequeno comercio
Distribuir contido