Outras actividades

Alumnos de 5º participaron no Concurso de debuxo do Can de Palleiro conseguindo o 1º e 2º premio. Asistiron en Silleda, na Semana Verde de Galicia, a distintas actividades lúdicas e alí mesmo recolleron os premios. Algunhas imaxes deste acto están recollida aquí.

PARTICIPACIÓN DO CEIP P VIRXE DO MAR NO CONCURSO DE DEBUXO DO CLUB CAN DE PALLEIRO

O noso alumnado creou, xunto coas súas profes, un mural cooperativo imitando o estilo Mondrian. Para facelo, cada clase tiña que traer fotografías de obxectos cotiás dunha cor determinada. Logo, xuntamos as fotografías por cores e fixemos o noso precioso mural.

Piet Mondrian sostiña que a arte non debía implicarse na reprodución de imaxes de obxectos reais, senón expresar unicamente o absoluto e universal que se oculta tras a realidade, reducindo toda representación a formas planas e cores primarias.

Mural Mondrian - Arte cooperativo

Primeiro distribúen papeis

 

E despois interpretan...

REPRESENTACIÓN TEATRAL DO LIBRO "UNHA MISIÓN PARA CLARA"

Esta charla, on line, que os alumnos de 5º tiveron na aula trataba sobre a identidade como galegos. Os caracteres que temos como galegos tiveron un comenzo e evolucionaron a outros aspectos da vida. 

Esta charla manifestounos o fachendosos que podemos estar de ter unha identidade e unha lingua propia.

Charla On line dende a Cidade da Cultura de Santiago

Neste videoclip pretendemos concienciar á xente da importancia do coidado do medioambiente, e do fácil que é aplicar a regra das tres R.

Que fermosa actividade realizaron os alumnos de 5º e 6º no autobús de ACTIVITY  na Praza da Gándara a cargo de EduCaixa.

Os monitores Sonia e Franki estiveron moi ocupados explicando aos rapaces e rapazas as catro áreas de traballo: aire, electricidade, imaxe e percorridos.

Aqui temos os distintos pasos realizados:

Chegada:

Explicación.

 

IMAXE

Alumnos de 5º e 6º en CREACTIVITY

Que fantástica foi a conferencia, on line,  que tivemos na aula co inspector de policía Francisco J.Fernández Pérez  Xefe do Grupo de Atención ao Cidadán (G.A.C.)Brigada Local de Seguridade Cidadá da Comisaría Local de Ferrol-Narón.

Falounos dos perigos que supón subir a internet e ás redes sociais os nosos datos persoais  de  aceptar a invitacións de persoas descoñecidas e tamén de  meterse  en páxinas non recomendables ...

Todos estabamos moi atentos ao que nos ía explicando e  ao que non debiamos facer.

1ª CONFERENCIA ON LINE SOBRE USO RESPONSABLE DE INTERNET E REDES SOCIAIS

O pasado luns 21 de xuño celebramos a graduación do noso alumnado de 6ºEP. Foi un acto moi emotivo no que puidemos ver un vídeo resumen do seu paso polo colexio.

Desde aquí, queremos enviarlles toda a nosa forza e apoio na nova etapa que emprenden. MOITA SORTE NEN@AS!!!

Despedida 6º - Promoción 2012-2021
Distribuir contido