Outras actividades

Que sorpresa tan bonita tivemos hoxe¡  

EduCANdo con Malibú

Alumnos de 5º ( A e B) e 6º do noso centro asistiron á charla sobre o ciberseguridade que se realizou nas instalacións de AFUNDACIÓN.

 

 

 

CHARLA  CIBERSEGURIDADE

Os alumnos do noso centro recibiron unha interesante clase didáctica do pintor José Antonio. A partir do libro escrito polo pintor, foi relatando a formación de cores primarios, secundarios e terciarios.

Axudado por algúns alumnos os nenos-as experientaron a mesturanza de cores.

PINTURA MUKINA NO CEIP P. VIRXE DO MAR

"MUKINA Y LA FAMILIA PINTURERA"

O luns 3 de febreiro tivemos a sorte de coñecer a toda a familia pinturera, ensináronnos a mezclar as cores primarias para obter outras novas.

 

TALLER de PINTURA MUKINA

Os nenos e nenas de infantil, plantamos as dúas árbores que decoramos polo nadal. Fomos á Praza da Lectura e coa axuda de Xesus, o noso xardiñeiro, plantamos, regamos e explicounos as necesidades para o coidado das árbores.

PLANTAMOS AS ÁRBORES

Alumnos de 5º (A e B) recibiron unha charla informativa moi interesante sobre o Alzheimer da asociación AFAL.

Primeiro aprendimos conceptos como demencia e Alzheimer e consecuencias do deterioro.

Despois fixemos a actividade de poñernos no seu lugar.

CHARLA DE AFAL

Na aula de 5º B tivemos unha experiencia marabillosa a reprodución ovípara. Para poder levala a cabo a asociación AVIMÓS do centro de Fontefiz coaborou nos recursos necesarios e o veterinario Diego Rois deu unha charla informativa sobre as principais características da Galiña de Mos. Nesta experiencia contamos coa visita de todas as aulas do centro pendentes tamén do nacemento dos pitiños.

AVIMÓS E REPRODUCIÓN OVÍPARA  EN 5º B  DO VIRXE DO MAR

O pasado mércores 23 de outubro, o alumnado de 3º recibiu a visita do doutor Luis Portos, que veu falarnos do corpo humano aproveitando que estamos a traballar esta temática na aula.

O corpo humano

O alumnado de 4º e 5º de Primaria participou, xunto con outros centros da comarca, nas I Xornadas Escolares do Camiño Inglés e Xacobeo 2021.

Antes de realizar o percorrido, tivemos unhas charlas informativas sobre o Camiño Inglés a Santiago de Compostela, a cargo do historiador Andrés Pena.

Escolas no Camiño

Esta semana os alumnos de 5º e 6º asistiron a un interesante obradoiro  baseado nun xogo ( a imitación do xogo da oca) sobre os gastos dunha familia nun mes, e no plantexamento de distintas situacións reais no que os alumnos tiñánse que poñer no  lugar dos nenos que vivían nesta circunstancia (empatía).

Primeiro explicouse o xogo e dividiuse o grupo en dous subgrupos.

 

5º e 6º NO GRAN PRIX FINANCIEIRO
Distribuir contido