Outras actividades

Durante este curso estivemos a traballar a asignatura de Valores Sociais e Cívicos dun xeito diferente. A través de diversas curtametraxes, fichas interactivas, xogos de escape room... o noso alumnado aprendeu e puxo en práctica valores como a cooperación, a inclusión, a tolerancia...

Valores Online en 2ºEP

Ao longo de todo o curso estivemos a traballar para mellorar a competencia comunicativa do noso alumnado. O obxectivo que nos marcamos foi que as nosas alumnas e alumnos foran quen de expresarse oralmente de xeito claro, manexando as súas emocións e controlando os nervios. Para iso, fixemos actividades como rutina de asamblea semanal, exposicións en equipo e individuais...

Traballando a competencia comunicativa en 2ºEP

Esta actividade permitiu ao noso alumnado coñecer os distintos tipos de enerxías: eléctrica, estática, cinética etc. Tamén comprobaron como se produce a enerxía eléctrica e a importancia para o medio ambiente do uso de enerxías renovables.

OBRADOIROS NATURGY

As nenas e nenos de terceiro puxemos en práctica os nosos coñecementos de xeometría para facer os disfraces do Entroido. Como íamos vestidos de mariñeiros tivemos que deseñar e elaborar varios timóns e gorros.

Velaí o noso traballo:

O ENTROIDO E A XEOMETRÍA

O alumnado de 5ºEP está a participar nun obradoiro no que aprender a poñerse na pel das persoas maiores, entendendo as dificultades ás que se enfrontan, e proporcionándolles recursos para poder axudarlles.

Obradoiro de sensibilización ante o envellecemento.

O venres 7 de outubro tivemos unha xornada de xogos cooperativos entre 2ºA e 2ºB con temática do outono.

Foi unha experiencia tan divertida que pensamos repetila!

Xogos cooperativos do outono - 2ºEP

O pasado venres 30 de setembro tivemos no colexio unha actuación musical moi divertida.

Actuación de Luis Vallecillo
Distribuir contido