1º ciclo

VISITA DO APALPADOR

Por fin chegou Noiteboa!

Estamos por aquí para contarvos que, nos últimos días de clase, tivemos varias visitas especiais. Queredes velo?

A primeira delas, directo dende a Serra do Courel... chegou o APALPADOR!

Room on the broom

Esta semana, os alumnos/as de 1º baixamos á biblioteca na sesión de inglés para escoitar o conto Room on the broom contado por Maggie, a nosa auxiliar de conversa americana.

 

Despois sacamos unhas fotos co chroma subidos á vasoira. E aquí tedes o resultado...

 

 

Álbum: Curso 2021 - 2022 -> Room on the broom

Reunión informativa 2º

21/09/2021 16:00

O martes 21 de setembro ás 16:30 h terá lugar no Salón de Actos unha reunión informativa para as familias do alumnado de 2º de Primaria na que se falará sobre a organización do novo curso escolar. Para evitar aglomeracións, recomendamos puntualidade e asistencia dun único familiar por neno/a.

 

Reunión informativa 1º Primaria

08/09/2021 11:00

O mércores 8 de setembro ás 11h terá lugar no Salón de Actos unha reunión informativa para as familias do alumnado de 1º de Primaria na que se falará sobre a organización do novo curso escolar. Para evitar aglomeracións, recomendamos puntualidade e asistencia dun único familiar por neno/a.

 

CHEGA O FIN DE CURSO

Pasiño a pasiño chegamos á última semana deste particular curso 2020-2021. E coma durante todo o curso, tamén o final está condicionado pola pandemia que nos tocou vivir. Non podemos facer festival e festa todos xuntos, non poden entrar as familias e compartir a última xornada con nós... Pero sen algo especial non podiamos quedar! Hoxe, luns 21, o tempo non acompañou e impediu levar a cabo algunha das actividades que tiñamos proxectadas, coma a andaina por un tramo do Camiño Inglés que ía facer o alumnado de 5º e 6º ou a saída ao Carboeiro de 3º e 4º. Pero bueno, quen si puideron divertirse foron os nenos e nenas de Infantil e 1º e 2º de Primaria. Pasárono en grande cantando e bailando con Javier Solla. Que diversión!

 

Álbum: Curso 2020 - 2021 -> Fin de curso

REDUCIR, REUTILIZAR E RECICLAR

E dende 2º de Primaria chéganos outra proposta para conmemorar o Día do Medio Ambiente. Nesta ocasión, seguindo a filosofía dos 3 R: reducir, reutilizar e reciclar. 

Todas as imaxes no seguinte álbum:

Álbum: Curso 2020 - 2021 -> Día do Medio Ambiente

XELIÑA FALA GALEGO

Arrancamos coas actividades para a celebración das Letras Galegas con un contacontos que nos achega a ANPA para 1º, 2º e 3º. Que ben o pasamos con Caxoto que nos ensinou dunha maneira moi divertida moitas cousas sobre Xela Arias. Chamounos a atención cando, de pequena, foi ver o mar por prmeira vez acompañada de súa avoa, que contiño tan bonito. 

  

O MAR É SAUDABLE

Os nenos/as de primeiro coñecen o traballo dos mariñeiros a través do poema “ O meu barco” de Manuel María.

      

1º Educación Primaria

 

Os nenos/as de 2º Educación Primaria explícannos que os peixes son un recurso moi saudable do mar co poema “ O mar” de Manuel María.

 

2º Educación Primaria

Reunión informativa 2º

08/09/2020 11:00

O martes 8 de setembro ás 11h terá lugar unha reunión informativa nas gradas do patio de Primaria na que se falará sobre a organización do novo curso escolar e as medidas de hixiene e seguridade a tomar no centro en relación á situación COVID 19. Para evitar aglomeracións, recomendamos puntualidade e asistencia dun único familiar por neno.

Reunión informativa 1º

07/09/2020 12:00

O luns 7 de setembro ás 12h terá lugar unha reunión informativa nas gradas do patio de Primaria na que se falará sobre a organización do novo curso escolar e as medidas de hixiene e seguridade a tomar no centro en relación á situación COVID 19. Para evitar aglomeracións, recomendamos puntualidade e asistencia dun único familiar por neno.