Complementarias e Extraescolares

POLO SAN MARTIÑO...

Polo San Martiño... ademais de comezar o tempo da matanza "mata o teu porquiño", entramos no tempo de xogar a un dos xogos máis antigos, case tanto coma a humanidade. POLO SAN MARTIÑO, TROMPOS AO CAMIÑO. Trompos, buxainas, peonzas... pezas xeralmente de madeira, feitas para ser bailadas sobre todo no tempo de outono. Así nolo recorda o refraneiro, xógase entre novembro ata febreiro: “Polo San Martiño (11 de novembro), peóns ao camiño; Polo San Amaro (15 de xaneiro), peóns ao faiado". ÁNIMO NENOS E NENAS A XOGAR COAS BUXAINAS!

 

 

NO MAGOSTO PASÁMOLO DE MEDO!

Por fin chegou o día. Que emoción; disfraces, castañas, xogos... Que ben o pasamos no MAGOSTO! Aínda que... con algo de medo. Polo patio atopábaste con bruxas, demos, monstros, esqueletes, pantasmas... Aaaah que susto!!!  Ah claro, pero se é o SAMAÍN!  Anda! ata está a Televisión de Galicia!

Grazas papás e mamás da ANPA por axudarnos tanto e por facer esas castañas tan ricas. 

 

                        

IMPRESIONANTES CABAZAS!

A exposición de cabazas que tivo lugar ao longo da semana foi magnífica. Foron moitas as cabazas que decoraron os nosos corredores para celebrar o SAMAÍN. A maioría inspiradas no tema que estamos a traballar na nosa biblioteca "A Literatura de viaxes". Dende o globo de Phileas Fogg de "A volta ao mundo en 80 días" ou o Nautilus de "Vinte mil leguas de viaxe submarino" pasando por "Alicia no país das maravillas" e ata "O Principiño", todas elas nos trasladaron ao mundo da fantasía. Grazas nenos e nenas e como non tamén ás familias pola vosa participación. 

SEMANA DO SAMAÍN E MAGOSTO

24/10/2016 09:45
28/10/2016 15:45

flecha-imagen-animada-0044 Toca a cabaza se queres ver fotos!

VISITA AO MUSEO DE HISTORIA NATURAL

Este venres os nenos/as de 6º visitaron o Museo de Historia Natural da USC, que conse