Web2English videoconference and contest

O alumnado de 5º de Primaria participou estes últimos días nunha videoconferencia cos compañeiros do proxecto europeo "Web2English". Nela algúns alumnos/as presentáronse en inglés. E ata cantamos o "Cumpleaños feliz" en castelán.

 

Uns días despois, volvemos conectarnos para participar nunha actividade en liña. Tratábase dun cuestionario elaborado con Quizizz con preguntas sobre os animais en inglés. Dos cerca de 200 alumnos/as de varios países que participaron, Noa obtivo un merecidísimo terceiro lugar. Congratulations Noa!!!!