Ácidos e bases. O que nos contan as cores.

Que será, será? Ácido ou alcalino.

Esta semana fixemos unha investigación onde medimos o PH para comprobar se algo é ácido ou alcalino.

Usamos o método científico e unha verdura, neste caso unha lombarda, e mesturámola con distintas sustancias como por exemplo coca-cola, vinagre, leite, deterxente, etc.

Despois da investigación e coa axuda dunha escala de cor, descubrimos que o deterxente é neutro, o bicarbonato alcalino e o vinagre é ácido.