Saída ao Auditorio Abanca

O pasado xoves, 28 de novembro, o alumnado de 1º e 2º de primaria acudiu ao Auditorio Abanca para ver a obra musical «A nena e o grilo máis aló», de Magín Blanco. Gozaron do teatro con música en directo e cunha historia que os levou, entre medos e risas, a un mundo de maxia e de fantasía.