Exhibición solidaria

Na xornada de hoxe, os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria desprazámonos ata Brión para asistir á exhibición solidaria que realizaba a Garda Civil.

Ademais de recoller alimentos e material escolar, puidemos ver moitas manobras e actuacións dos corpos de seguridade: cans adestrados para atopar persoas ou determinadas substancias estupefacientes, como actúa a brigada de criminalística ante un homicidio, recollendo pistas, como desactivar unha bomba, simulacros de rescate en montaña, os submarinistas baixo auga, en ambientes contaminados con traxes e mascarillas especiais...

Tamén vimos un dos seus helicópteros e moitos outros vehículos que empregan habitualmente.

Álbum: Curso 2018 - 2019 -> Exhibición solidaria Garda Civil