Quen quere ser xornalista?

Con motivo da Semana da Prensa, os alumnos/as de 1º e 2º de Primaria recibimos onte ao xornalista Xurxo Melchor no Salón de Actos do noso colexio. El explicounos todos os segredos do xornalismo: como se imprime un xornal, as preguntas clave para redactar unha noticia... Despois puxémolo en práctica e redactamos un artigo que saíu publicado case instantaneamente na edición dixital de La Voz de Galicia. Non o podiamos crer! E hoxe, aparece na edición escrita. Que emocionante! Facede clic aquí para ver a nova.