COS NOSOS CONTOS

A nosa Nica é moi presumida, xa sabedes canto lle gusta ir deixando polos recunchos do cole as súas fotos nas que, iso si, sempre sae lendo, porque xa sabedes que é algo que lle encaaantaaaa!.

Así que...cavilando.....chegou a unha conclusión.....

Por que vou encher todo coas miñas fotos lendo, se aquí hai moitísimos nenos e nenas os que lles encanta ler?

E decidíu propoñernos un reto... encher un mural cos nosos "Selfies", iso si, o único requisito era saír coma ela, acompañadas e acompañados con ese libro que nos emociona, que lemos sen parar, que repetimos sen descanso, que nos provoca un sorriso, que non podemos esquecer, que nos enche de ilusión e que sempre nos fai soñar.

Hoxe podemos dicir; RETO ACADADO NICA!.

E ademais  ben guapas e guapos que saídes.

AnexoTamaño
selfi2.jpg238.08 KB