Saída de 6º de Primaria a FP Innova

O pasado venres, 26 de abril, os alumnos e alumnas de 6º de Primaria desprazáronse ata a Cidade da Cultura para asistir ao Congreso de Innovación na Formación Profesional "FP Innova".

Alí exploraron e interactuaron cos diferentes stands de emprendemento e innovación nos que o alumnado dos diferentes ciclos formativos e os seus profes lles explicaban o que debían facer.

Algúns dos espazos que máis gustaron foron o "drone soccer" ou futbol con drons, a gastroaula na que puideron elaborar diferentes pratos así como degustalos, o futbolín robótico ou o simulador de realidade virtual para emerxencias hospitalarias.