CHARLA OBRADOIRO SANA HOXE VIVE MAÑÁ

Hoxe, 27 de febreiro, tivo lugar a segunda charla obradoiro para o alumnado de 3º e 4º impartida pola nutricionista Goretti Tuñas, sobre alimentación. Está dentro da liña Edu- Saúde do Contrato Programa CP INNOVA. Constou dunha primeira parte cunha proxección no salón de actos e dunha segunda con xogos no pavillón. Despois de ver na primeira das charlas a historia da alimentación dos humanos, dende o momento en que apareceu a vida, a partires dunha bacteria, ata os cazadores - recolectores, aprendemos agora sobre a importancia na nosa saúde dunha alimentación sa e a maneira máis saúdable de alimentarnos. Uns bos hábitos saudables melloran considerablemente a nosa calidade de vida. Entre as recomendacións que nos fixeron están as de tomar VERDURAS, HORTALIZAS E ACEITE DE OLIVA VIRXEN EXTRA DE MANEIRA DIARIA nas comidas principais, FROITA e FROITOS SECOS como boa opción de postres e merendas, LEGUMES polo menos 3 veces á semana, así como CEREAIS INTEGRAIS e PRODUCTOS DE ORIXE ANIMAL. Ademais da alimentación hai outras accións importantes que debemos levar a cabo: DURMIR polo menos 9 horas, BEBER AUGA como fonte de hidratación diaria, realizar ACTIVIDADE FÍSICA e algunha outra como coidarnos emocionalmente. Gracias Goretti por achegarnos estas informacións tan importantes para a nosa saúde.