MARGERY KEMPE, PEREGRINA BRITÁNICA DO S. XV

O noso concello quere lembrar neste ano a unha muller moi especial pola súa valentía. Por qué valente? Pois resulta que estamos a falar da ÚNICA MULLER QUE PEREGRINOU A SANTIAGO POLO CAMIÑO INGLÉS NO SÉCULO XV (polo menos que nos saibamos). Estivo en Sigüeiro no ano 1.417 cando ía cara Santiago e tamén á volta. Sabemos que era británica e que tivo 14 fillos. O concello organizará diferentes actos relacionados con esta peregrina baixo o título "600 anos en lembranza de Margery Kempe". E para quentar motores, unha unidade didáctica que nos presentaron no cole a concelleira de educación Beatriz Rodeiro e o autor da mesma Cristobal Ramírez. Esta inclúe entre outras actividades un concurso con dous premios para algúns dos nosos nenos ou nenas, nada menos que unha tableta e unha cámara gopro.