Spanish American party

O mércores 27 de abril realizamos a que sería a nosa última videochamada cos nosos socios americanos do colexio Royal Palm Elementary in Miami. Aínda que estabamos moi contentos co resultado do proxecto Dos Orillas no que aprendemos un montón de cousas sobre a cultura, as tradicións e as linguas do outro lado do Atlántico, tamén estabamos un pouco tristes de que chegara á súa fin. 

 

Despois dunhas palabras de despedida e agradecemento, preparamos uns bailes tradicionais e unha pequena merenda. Nós fixemos unha coreografía country coa música de Cotton Eye Joe e eles bailaron a Macarena. A merenda ao estilo americano consistiu en mini hamburguesas e sandwiches de manteiga de cacahuete e marmelada. Para beber, zume e auga. Pola súa banda, en Miami degustaron un almorzo de leite con cacao, unha tortilla e uns polvoróns. 

 

Álbum: Curso 2021 - 2022 -> Spanish American party