Programa de leite e froita na escola

No CEIP Plurilingüe de Sigüeiro, queremos promover hábitos de vida saudables e unha alimentación axeitada nos nosos nenos e nenas; así que, coma en cursos pasados, volvemos participar no “PROGRAMA ESCOLAR DE CONSUMO DE FROITAS E LEITE” pertencente á Unión Europea.

Dende hoxe luns 24 de xaneiro e durante varias semanas, ao sair ao recreo ademais da froita habitual entregarase a cada neno/a un brick de leite de 200ml. para que merenden.