Christmas cards

Como cada ano, chegadas estas datas, queremos desexar un Bo Nadal e un Feliz Aninovo a todos os nosos socios de proxectos internacionais. 

O alumnado de 5º intercambiou postais de Nadal cos alumnos do Royal Palm Elementary School de Miami (USA) e o alumnado de 6º enviou tarxetas a todos os países europeos e comunidades autónomas participantes nos proxectos eTwinning "Languages are visions of life" e "Unidos por nuestras lenguas".

 

E os últimos días de clase xa nos empezaron a chegar algunhas que colocamos no cortizo do corredor en fronte á aula de inglés. Qué ilusión abrir postais chegadas dende todas partes do mundo!